A loita por un dereito histórico na Pontemaceira

A loita por un dereito histórico na Pontemaceira

03 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os veciños de A Pontemaceira están de loita permanente. Primeiro para que as choivas non se produzan anegamentos nas súas casas. Agora amósanse contrarios á medida adoptada pola Sociedade de Pesca establecendo no río un coto de pesca impedindo o baño. A Asociación Veciñal San Brais defende un dereito histórico que se remonta ao ano 1923 que permitía o baño e a pesca en barca. Esta restricción fíxose de xeito ir

A polémica respecto ao uso do río xurdiu no verán do 2003 cando uns nenos se bañaban e uns gardas xurados botáronnos e requeriron a súa documentación. Antes desta actuación chegábanse a xuntar 60 persoas para bañarse, practicar piragüismo  ou sacar as súas barcas nunha zona paisaxísticamente privilexiada, afirmou esta mañá en Radiofusión, Emilio Forján de Radio Negreira. Agora demandan unha reunión cos responsables dos concellos de Ames e de Negreira para manter este dereito recoñecido e unha tradición.

Esta non é a primeira das loitas da veciñanza desta localidade fronteira entre os concellos de Ames e de Negreira. Levan anos cun “rifi rafe” con Unión Fenosa para que non se produzan anegamentos nos seus fogares. A comarca do Río Tambre e especialmente Ponte Maceiras foi sempre un punto sensible cos desbordamentos. Nos últimos temporais os lugareños adoptaron as medidas necesarias de prevención. Ademais abríronse as portas do encoro ata catro metros nesta última alerta vermella. Unha medida coa que se solventou o problema pero na que se viron afectadas localidades como Noia ou Muros. A apertura do embalse provocou nestas vilas a morte de moito berberecho. “Nunca chove a gusto de todos” e neste caso o refrán é do máis acertado. 

Sociedade