Loitarán polo ascenso á Preferente

Loitarán polo ascenso á Preferente
14 de Marzo, 2022 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

A Primeira Galicia de fútbol rematou a súa primeira fase. O Maniños quedou en primeira posición e loitará no grupo polo ascenso á Preferente. Enfrontarase ao Ordes, Brexo Lema e Olímpico de Rutis. Seis partidos a ida e volta. No grupo tamén figuran o Narón e o Ural pero non haberá partidos contra eles. Só ascende en principio o campión do grupo.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral
Pincha aquí para escoitar ao adestrador do Maniños Pablo Mesa
http://173.255.131.18/audio/140322MESA.mp3
Pincha aquí para escoitar ao adestrador do Perlío Chechu Piñeiro
http://173.255.131.18/audio/140322PINEIRO.mp3
Pincha aquí para escoitar ao adestrador da S.D.Barallobre Óscar Varela
http://173.255.131.18/audio/140322VARELA.mp3
Pincha aquí para escoitar ao adestrador do Maniños B Manuel Freire
http://173.255.131.18/audio/140322FREIRE.mp3
 

Fotografía Xan Xe

Pola súa banda o Perlío loitará polo mantemento da categoría na Primeira Galicia. Xogará nun grupo co Crendes, Sporting Meicende, Valdoviño e Abellá. Os últimos de cada grupo e os dous peores cuartos descenderán á Segunda Galicia. Nesa categoría aínda lles queda un partido para finalizar a primeira fase ao Barallobre e ao Maniños B. Os dous tamén pelexarán polo mantemento da categoría, dada a previsible creación para a vindeira tempada da Terceira Galicia, á que descenderían os peores clasificados na segunda fase.

Deportes

Publica o teu comentario agora