Lolo Penas gaña a Carreira de Negreira 2013

Lolo Penas gaña a Carreira de Negreira 2013

12 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Lolo Penas logrou a vitoria na trixésimo cuarta Carreira Popular de Negreira, despois de que os xuíces lle outorgasen o triunfo tras unha anómala entrada en meta. O arzuán e o marroquí Jaouad Tougane saíronse do trazado pola entrada reservada aos vehículos da organización, todo iso no medio dun espectacular man a man nos últimos metros. Radio Negreira e Radiofusión retransmitiron en directo a proba de 10.000 metros tal e como ve&ntild

Pero ese espectacular final viuse deslucido pola confusión ao saírse do circuito marcado a poucos metros do arco de meta, que terminaron cruzando tras incorporarse rapidamente antes de que entrase Miguel Mayán, que foi terceiro.

Os xuíces confirmaron a vitoria a Penas e o segundo posto do mozo marroquí, Jaouad Tougane, establecéndolles un tempo de 32 minutos, catro segundos no primeiro caso, e dous segundos máis no que concierne a Tougane. Case ao mesmo tempo entrou Mayán, seguido do portugués Hugo Pinto e do noiés Rubén Caamaño.

A accidentada chegada non embazou o espectáculo deportivo que brindaron o oito primeiros atletas, co porriñés Santiago López, finalmente sexto, convertido nun dos grandes protagonistas tras liderar sorpresivamente a carreira en solitario até o quilómetro seis, en que foi neutralizado.

Deportes