Longa traxectoria protexendo animais

Longa traxectoria protexendo animais
11 de Febreiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Case vinte anos leva a asociación Cometa traballando na protección de animais abandonados. En outubro cumprirán dúas décadas de existencia. A asociación ten amparados unha trintena de cans, no seu refuxio de Narón e en casas de acollida. So en situacións moi concretas fanse cargo dos entregados por particulares. Cometa ten convenio cos concellos de San Sadurniño e Xermade para a recollida de animais abandonados. Normalmente chegan en malas condicións.  “Enfrontámonos todos os días á peor parte”, dixo Nuria Pérez, presidenta de Cometa en Radio Animal. 

ESCOITA O PODCAST:

So os máis afortunados, cachorriños ou de raza, teñen a sorte de ser adoptados pronto. “Se é cachorriño tarde 20-30 días, se é de raza nada e menos, os dez días legais, e con lista de espera para adoptalo”. Menos sorte teñen outros, como unha cadela que leva case toda a súa vida acollida por Cometa “medrou na protectora veu de cachorriña e xa ten ano e medio”.

“Sempre fan falta mans novas. Somos todos voluntarios e ás veces é difícil compaxinar para que sacalos pasear varias veces ao día, cantos máis sexamos en mellores condicións estarán”, anima Nuria Pérez a colaborar coa asociación Cometa. Fináncianse, sobre todo, con cotas dos socios, “o máis importante, e dos eventos que imos facendo todos os meses, a venda de merchandising, tamén optamos a algunha subvención, pero cobren algunha parte e os ingresos son sempre a posteriori”. 



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora