Lorenzo Caprile apadriñará un novo wedding pack solidario

Lorenzo Caprile apadriñará un novo wedding pack solidario
26 de Setembro, 2019 - 12:55 h. | Publicada por Radio Fene

O deseñador de moda do programa de televisión “Maestros de la costura” Lorenzo Caprile apadriñará a segunda edición do Wedding Pack solidario. O evento celebraráse os dias nove e dez de novembro na sede A Fundación Ferrol. A súa recaudación entregaráse a ASOTRAME, a asociación de transplantados de médula ósea. Caprile non poderá acudir fisicamente á cidade departamental pero enviará un video explicando a súa opinión sobre esta iniciativa destinada a parellas que queiran contraer matrimonio no 2020 e 2021.

ESCOITA O PODCAST:
Maite Teijeiro, Rosa Echevarría e Dani Rios

Non é unha feira, showroom ou pop ups de vodas. Ë algo especial, un evento único e extraordinario. A primeira edición do Wedding Pack solidario celebrouse no pasado mes de marzo en Pontedeume. Recaudaronse máis de 2.800 euros que se destinaron a ASOTRAME e se utilizan nunha actividade con pacientes aillados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, explicou Rosa Echevarría de :bodas pack
O Wedding Pack pretende conectar ás parellas coas empresas que ofrecen servizos para vodas. A entrada será gratuita, segundo Dani Rios de O Casamenteiro. Os profisionais que acudan van ensinar na práctica os servizos que ofrecen. Vai ser un showroom moi dinámico, afirma Maite Teijeiro de May events.

Sociedade

Publica o teu comentario agora