ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nunha viaxe atrás no tempo, do ‘indie’ dos 90 á anglofilia ‘ye-yé’ dos 60, o grupo Lori Meyers sintetizan en tres discos a tradición do pop de guitarras cantado en castelán. Agora convertidos en quinteto, o conxunto de mozos de Loja comezou soando a Los Planetas e Teenage Fanclub no disco de debú, “Viaje de estudios”; colleron da man a Los Brincos, Los Módulos e Los Ángeles en “Hostal Pimodán&rdq
Esa miscelánea temporal na que recompilan as súas influencias diversas, e que deu orixe ao trabalinguas “Cronolánea”, recolle agora os últimos froitos dunha xira de case un ano de duración. Antes de tomar un acougo, Noni, Alejandro e compaña, fan parada en Santiago de Compostela. Actúan esta noite na Sala Nasa, xunto á banda local Hyde Casinos. O comezo principia ás nove e media da noite.