Los Explosivos, de México a Ferrol

Los Explosivos, de México a Ferrol

11 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dende México chegan a Ferrol. O grupo de punk garaxe, Los Explosivos actuará este venres na sala Super 8 da rúa Real de Ferrol. O concerto comezará ás dez e media da noite. Garage-Punk salvaxe desde a cidade de Mexico. Rápido, alto, frenetico e psicótico, da man destes catro mexicanos tolos.

Os Explosivos estan en primeira liña de batalla no que se refire a bandas de Garage con alma Punk! Os mismísimos Cynics leváronos ao seu selo tras verlos en directo e publicaron o seu primeiro disco. Desde entón non deixaron de mover o cu por Europa para demostrar a rabia e energia que levan dentro.

A xira pola península iniciase hoxe no Festival “Desparrame Fuzz” no café cultural Auriense de Ourense, ás 21.00 h. mañán tocan na sala Mardi Grass de A Coruña. O venres estarán na Super8 de Ferrol, ás 22,30h, para continuar ruta en Madrid, no Festival “Monster Pedal” da Sala Siroco. A ruta continuará por outras cidades como Lisboa en Portugal , para rematar o 28 de xullo en Valencia.

Sociedade