Los Reyes del K.O. inauguran o cartel do Marzo Pop de A Estrada

Los Reyes del K.O. inauguran o cartel do Marzo Pop de A Estrada

04 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un ano máis o concello de A Estrada únese ao circuíto musical independente e achega ao Teatro Principal da localidade propostas de blues, country-folk, pop e sons sesenteiros. O Marzo Pop comeza este venres coa actuación dos composteláns Los Reyes del K.O, considerada a mellor banda de blues do Estado.

 

A programación non remata aquí. O 13 de marzo é a quenda de Hendrik Röver y Esqueletos, unha banda cántabra liderada polo ex guitarrista e vocalista de Deltonos, que xa estivo no Marzo Pop, e que volve cunha proposta acústica.

O 20 de marzo, os nostálxicos do pop máis sesenteiro poderán gozar de Los Negativos, unha banda que rexurdiu o pasado ano con novo disco despois de varias décadas de silencio.

E como guinda da programación musical do Marzo Pop, o xoves 26 de marzo actuarán os australianos You Am I, todo un referente de grupos como Sonic Youth o Soundgarden. O prezo das entradas a todos os concertos do certame é de 5 euros.

Sociedade