Losquiada nunha tarde inverniza

Losquiada nunha tarde inverniza
10 de Decembro, 2018 - 02:24 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 1- 3 O Val na Primeira Galicia de fútbol. Un Maniños superenchufado desde o comezo nunha tarde inverniza no Pote, adiantouse no marcador cun gol de Dani Fuguilas no minuto 28. Pero no comezo da segunda parte o equipo local desapareceu do campo, e no 49 chegou o empate. No 57 un penalti permitiu ao Val darlle unha losquiada ao Maniños. Xa nos últimos compases do encontro chegou o 1-3

ESCOITA O PODCAST:

"Na primeira parte fixemos moito perigo e creamos máis ocasións, pero cun resultado corto e despois do deescanso eles empezaron a gañar balóns" apunta o adestrador do Maniños Pablo Mesa, que aplicou un reaxuste táctico co 1-2. "A xogada do penalty foi fundamental pero eles estaban mellor posicionados" indica o técnico. "Somos dous equipos bastante equilibrados e eles foron algo mellores e só cabe felicitalos pola victoria".

 

Deportes

Publica o teu comentario agora