Luís Davila doa catro orixinais ao Museo do Humor

Luís Davila doa catro orixinais ao Museo do Humor

18 de Novembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Luís Davila é un dos referentes actuais do humor gráfico en Galicia. Por dúas razóns. A primeira por ser unha auténtica máquina de retratar a realidade do país e a segunda por ser quen de facelo ao momento e multiplicando o seu efecto a través das redes sociais ou en sociedade ao vivo co humorista Carlos Blanco. Davila conta con milleiros de fans que día a día seguen as súas tiras na prensa e no blog “O bichero&rd

Luís Davila e o alcalde, Juventino Trigo, suscribiron o convenio de doazón dos debuxos, que pasarán formar parte dos fondos do Museo do Humor. Deste xeito tamén se lle dá a despedida a unha exitosa mostra coproducida polo propio museo e o autor. “Humor do país” comezou a súa andaina en Fene o pasado 10 de outubro e desde aquela visitárona unhas 800 persoas entre público xeral e alumnado de centros de ensino que, nalgún caso, era a primeira vez que se achegaba ao museo.

A exposición recolle unha escolma da xenialidade gráfica de Davila organizada tematicamente: cuchipandas, o tempo, o viño, a morte, deportes, o mar, bicherío, etc., na mesma liña en que podemos velas no seu blog -obichero.blogspot.com-, onde hai publicados milleiros de viñetas estruturadas en case 300 categorías distintas.

E entre todas elas sempre hai un fío condutor: a xente do país reflexionando con atino sobre o que pasa a diario, sempre con mirada retranqueira e sempre co as para matar o tres. Personaxes como Dora, Tucho, Marselino, Chelo, Sinda ou Palmira son xa referentes culturais e creadores de opinión cos que Davila plasma no papel  a maneira de ser, de sentir e de vivir que temos as galegas e galegos.

A mostra, promovida pola concellería de Cultura de Fene, complementouse coa proxección  da serie completa de tiras cómicas animadas por Davila e emitidas no programa da TVG “A casa da Conexa”. Tamén incluiu un photocall onde  quen quixo puido fotografarse na compaña de Dora e Tucho, quizais os personaxes máis populares do universo cotián debuxado por Davila.
Canda estes contidos, a exposición “Humor do país” contou cunha trintena de orixinais en lápiz e tinta e a colección completa de libros d'O bichero, que encadernan boa parte das tiras publicadas polo autor en prensa e nas redes sociais.  

Cultura