Luís Rosado gaña o Premio Jesús Núñez

Luís Rosado gaña o Premio Jesús Núñez

05 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O artista Luis Rosado fíxose co VIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez cun traballo de técnica xilográfica que non levaba título. O autor alzouse co premio sobre as 235 obras presentadas nesta edición, na que se rexistrou unha das participacións máis altas na historia deste premio. Para argumentar o seu fallo, o tribunal destacou “o uso dunha técnica clásica cunha formulación moi actua

O xurado encargado de tomar a decisión estivo composto polo propio Jesús Núñez, Dulce Pérez Rodríguez, Carmen Fernández Rivera, Joaquín Capa Eiriz e Miriam Pérez Fernández. A todos eles acompañounos a vicepresidenta da Deputación e responsable da área de cultura provincial, Mariel Padín, e o comisario deste certame, Pedro Galilea.

Luis Rosado, dacordo coas bases do premio, recibirá 6.500 euros e terá unha exposición na Fundación CIEC. O autor únese así ao palmarés de premiados desde o ano 2006 (primeira edición) co Jesús Núñez, nos que xa están David de Almeida, Aristide Stornelli, Eva Santín Álvarez, Erik Kirkasaether, Ana María Soler Baena, Sonia Higuera y Juan Lara.

As bases do premio inclúen dous accésits que foron concedidos ás obras de Birgit Fiedler (Refugio?) e Desislava Hristova (A posible reality II). As artistas recibirán unha bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.

Os tres traballos premiados quedarán en propiedade da Deputación da Coruña e os autores entregarán outro exemplar, igual ao premiado, á fundación con destino aos fondos da súa colección.

Ademais, o xurado considerou preciso conceder dúas mencións de honra pola “calidade das obras” dos autores Juan López (Distopía) e Ovidiu Batista (Flying Houses in Strasbourg).

Tanto os tres premiados coma as dúas mencións e outras 25 obras seleccionadas formarán parte da exposición itinerante desta edición do premio Jesús Núñez que levará o arte gráfico por toda a provincia da Coruña.

Sociedade