Luar na Lubre publica o seu novo disco “Solsticio”

Luar na Lubre publica o seu novo disco “Solsticio”

05 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Sons acústicos, cambios de ritmo que pasan do romanticismo ao baile, elementos poéticos, lendas e metáforas. Todo iso atópase en “Solsticio”, o novo traballo de Luar Na Lubre. Este disco supón unha volta á orixe e un paso máis na traxectoria desta formación que paseou Galicia or 26 países dos cinco continentes.

Na elaboración do disco, que edita Warner Music, manexaron máis de mil partituras da música tradicional galega, seleccionando as que mellor se axustan mellor ás características do grupo. Neste novo álbum presentan melodías desde o medievo ata a actualidade para volver definir Galicia e o seu espírito aberto a través da música. A banda anunciou que dará a coñecer este novo traballo con máis de 20 concertos no vindeiro ano por toda España e no estranxeiro.

Con máis de 25 anos as súas costas, o grupo soubo sobrepoñerse a importantes obstáculos, como o abandono da banda no 2005 por parte da súa cantante, Rosa Cedrón, para dedicarse a súa carreira en solitario. Este novo traballo é unha boa mostra da boa “saúde” musical da agrupación na actualidade.

Institucional