Lugo e Ourense producen o 90% da agricultura ecolóxica de Galicia

Lugo e Ourense producen o 90% da agricultura ecolóxica de Galicia

25 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Máis de 14.000 hectáreas de terreo en Galicia destínanse á produción de agricultura ecolóxica, sendo o leite e os seus derivados os alimentos estrela deste tipo de produción. A facturación desta industria foi de máis de 17 millóns de euros en 2010, un 21 por cento superior á do ano precedentes, mais malia o aumento da superficie inscrita baixo os criterios que vixía o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica, o con

O medre máis importante na agricultura ecolóxica galega deuse na produción de castañas e os seus derivados, dos que se obtiveron un 70 por cento máis que en 2009. Tamén se rexistraron incrementos notables na fabricación de viños, sidras e vinagres ecolóxicos, nas carnes vacún e avícola e, asemade, nos lácteos, que representan a maior parte do negocio, cunha facturación de máis de 7,5 millóns de euros o pasado ano. Nesa estatística, con balances que van dos dous millóns e medio ao millón de euros anual, séguenlle a carne, o bosque e a recollida silvestre, e os ovos e derivados.
Malia non representar aínda unha porción tan significativa do negocio en resultados absolutos, de xeito proporcional o dato máis salientable corresponde ao negocio  das conservas de peixe, que facturaron case 10 veces máis que no rexistro anterior. Asociado a este capítulo, a Consellaría de Medio Rural salienta o carácter pioneiro de Galicia na produción e enlatado de mexillón e o seu papel punteiro na produción de algas mariñas. 
Case o 90 por cento da produción ecolóxica de Galicia procede das provincias de Lugo e Ourense, actuando os produtores maioritariamente en terreos de pastos, pradarías e forraxes. Tan só un 10 por cento dos cultivos son permanentes e terras arables. Para o conselleiro Samuel Juárez, este tipo de especialidade agrícola é “unha oportunidade moi importante de futuro” para territorios como os do interior de Galicia afectados por un problema de “despoboamento”. Juárez referiuse á agricultura ecolóxica como “interesante” malia que España “non é o país que máis consume”. 
Sociedade