Luisito aplicou o de “a adestrador novo….”

Luisito aplicou o de “a adestrador novo….”

16 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Primeira vítoria de Luisito no Racing e o conxunto de Ferrol que logra gañar a domicilio por primeira vez dende que comezou a liga. O partido era difícil pero finalmente os tres puntos no peto é o fundamental. O gol foi obra do capi Jonathan Martín de penalti no minuto 38 de partido. Luisito veu os últimos minutos do encontro dende a grada xa que foi expulsado con vermella directa. Tamén marchou Manuel Castiñeiras e os xogadores do Lugo Fernando Seoane

O Racing saboreou onte a vítoria como si fóra a final da copa de Europa. O propio míster Luisito falaba despois do partido que lle deixaran disfrutar do momento e que os problemas para mañán. O certo é que a entidade viviu dias de tensión esta semana e que a vítoria foi unha auténtica mediciña. O míster convocou sesión de traballo de carácter recuperatorio para esta tarde a partir das cinco. Mañán martes será xornada de descanso.

Deportes