Luz máis económica

Fene renova o alumeado da avenida Naturais de Fene
10 de Maio, 2019 - 02:20 h. | Publicada por Radio Fene

En total, renovaranse 76 lámpadas.

O Concello de Fene iniciou a renovación de todas as lámpadas dos puntos de luz sitos ao longo da Avenida Naturais. Cámbianse por outras de tecnoloxía LED, máis eficientes, con menor consumo enerxético e menor gasto para a factura eléctrica. A intervención conta cun orzamento de 27.104 euros, a financiar con fondos municipais. Os traballos estanse a levar a cabo a partir da media tarde e en horario nocturno, co fin de minimizar as molestias sobre o intenso tráfico rodado na zona. En total, renovaranse 76 lámpadas.

Institucional

Publica o teu comentario agora