Luz no vial aos Pinares

O concello de Fene dota con trece postes de luz a estrada que sube aos Pinares.
01 de Febreiro, 2019 - 12:32 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello inicia as obras para dotar de iluminación pública o vial de acceso ó campo de fútbol dos Pinares. Trátase dunha estrada moi transitada, que ademais comunica co cemiterio municipal.

A Concellería de Servizos investirá 12.000 euros procedentes de fondos propios nas obras para dotar de alumbrado público o vial de acceso ao campo de fútbol dos Pinares, en Perlío. Unha estrada moi transitada tanto pola afluencia ás instalacións deportivas como pola circulación de veciños e veciñas que visitan o cemiterio municipal, xa que é vía de paso ata o camposanto.
Precisamente, a intervención responde a unha demanda veciñal, xa que ata a data a estrada carecía de iluminación. Os traballos iniciáronse esta semana coa instalación dos postes, trece en total, e concluirá nos próximos días coa colocación das lámpadas. O Concello estima que entren en servizo o vindeiro xoves.

Institucional

Publica o teu comentario agora