Luz verde á renovación do alumeado en Avenida das Pías e Naturais de Fene

Luz verde á renovación do alumeado en Avenida das Pías e Naturais de Fene

29 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Comezan nesta xornada os traballos de substitución do alumeado na Avenida Naturais de Fene e Avenida das Pías. As obras prolongaranse alomenos ate a segunda semana do mes de agosto e desenvolveranse pola noite, para minimizar así a súa repercusión sobre o tráfico. O horario previsto é de 10 da noite a 6 da madrugada.

Nesta primeira noite, do mércores ao xoves, a empresa adxudicataria das obras ten previsto sacar as farolas das dúas avenidas, Naturais e As Pías, pola marxe dereita (dirección Ferrol-A Coruña). Do xoves ao venres, quitaranse as da marxe esquerda.

Dende o Concello de Fene pídese disculpas aos veciños e veciñas que poidan verse afectados por esta actuación. Ademais solicitan ás persoas que habitualmente aparcan nesta zona, que respecten os horarios de traballo, non estacionando esta noite pola marxe dereita nin mañá pola marxe esquerda.

Sociedade