Máis éxitos da natación artística

Máis éxitos da natación artística
29 de Novembro, 2019 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

Maia Löpez Rodríguez, do club Sincro Ferrol, quedou Primeira en só técnica no campionato de rutinas técnicas junior e liga figuras nivel celebrado o pasado sábado 23 en Ourense. Maia xunto a Sofía López Rey quedaron cuartas a moi pouca diferencia do terceiro posto no dúo técnico.

Maia López Rodríguez do club Sincro Ferrol no podio

En canto ás figuras infantís, destaca a décimoterceira posición de Xandra Martínez Permui. Tamén participaron Aldara López, Aroa Tenreiro, Ainhoa Porta, Carmen Fernández e Telma del Rio. Nas figuras alevíns, Lucía Pérez logrou a vixésima posición. Tamén participaron Paula Goiricelaya, Marta Lamas, Naira Abad, Vera Lamas, Iria Aller e Julieta Filgueira.
Por outra banda, o Club Sincro Ferrol reparte estes dias un calendario de mesa do ano 2020 entre as persoas socias da entidade e as empresas patrocinadoras. O almanaque vai ilustrado cada mes cunha fotografia das nenas practicantes de natación artística.

Deportes

Publica o teu comentario agora