Máis ca nunca: “Ti curtas na rede”

Máis ca nunca: “Ti curtas na rede”

18 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O IV Curtas na Rede xa abriu o prazo de presentación de traballos. Entre as novidades, preténdese que o concurso sexa máis libre ca nunca para o que se eliminaron os temas das anteriores edicións. Deste xeito, as curtametraxes, a categoría estrela deste concurso, encadraranse desta volta nos xéneros de ficción, documental, experimental e animación. As pezas para o cert

A Secretaría Xeral de Comunicación e o Consello da Xuventude de Galicia son os organizadores deste certame que nesta edición ten por lema “Ti curtas na rede”. Novamente, os traballos poden ser presentados en galego, castelán ou portugués.

No referente aos premios, este ano cóntase con 33.000 euros que se repartirán entre as diferentes categorías, un total de 26. Este ano inclúese un novo galardón que pretende recoñecer a mellor montaxe. Dentro do apartado de curtametraxes establécense tres premios por cada categoría: un primeiro dotado con 1500 euros, un segundo de 1000 euros e un terceiro dotado con 500 euros. A categoría de animación mantén as contías de 3000 euros para o primeiro galardoado, 1000 para o segundo e 500 para o terceiro.

Ademais do anterior, na edición deste ano cada unha das categorías contará cun primeiro, un segundo e un terceiro premio, o que permite destacar traballos que doutro xeito quedarían sen premiar ao existir tan só nas anteriores convocatorias un primeiro premio para cada unha das categorías.

Tamén se aposta por unha maior participación dos concursantes a través do envío e xestión dos seus traballos desde a páxina web do concurso. Os traballos poderán presentarse a partir do 14 de febreiro e ata o 10 de setembro de 2009. A inscrición é gratuíta e realízase a través do formulario que pode descargarse de www.curtasnarede.es. O concurso está dirixido a todas as persoas, a partir de 15 anos en adiante, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia.

Cultura