Máis de 100.000 racións repartiránse durante a Festa da Ostra de Arcade

Máis de 100.000 racións repartiránse durante a Festa da Ostra de Arcade

28 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Este venres alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera máis a Concelleira de Cultura, Dolores Cernada, presentaron a Vixésimo Terceira Edición da Festa da Ostra de Arcade, que se celebrará os vindeiros 3,4 e 5 de abril. A festividade comezará o venres coa homenaxe ao que fora durante máis de 30 anos o Patrón Maior da Confraría de Arcade, Manuel Pazos Vázquez para continuar o sába

Ademais de ostras ao natural e en empanada, que terán un prezo de catro euros por ración, os visitantes tamén poderán desgustar viños do Ribeiro por tres euros e Albariños de Soutomaior. Na noite do sábado haberá verbena que estará amenizada polas orquestras Suavecito e América ademais da tirada de fogos de artificio á media noite. O día grande será o domingo, día cinco, que comezará coa apertura das casetas a partir das 10.00. Este ano tamén haberá pasarrúas a cargo da Banda de Música de Arcade e a Agrupación Artística desta parroquia, que encherán de música as rúas do centro da vila a partir das 11.00 da maná . Nesta edición o encargado de ler o pregón será o xornalista Fernando Franco, o domingo ás 13 horas.A Festa da Ostra rematará na tarde do domingo cunha novidade, a actuación da Charanga Apeles no recinto da feira. O Concello espera superar os 30.000 visitantes, que este ano, ao igual que o anterior, disporán dun aparcadoiro de máis de 2.000 prazas nas inmediacións da fábrica da Pontesa.

 

Agustín Reguera será galardoado co Percebe de Ouro

 

Nesta Vixésimo Terceira Edición da Festa da Ostra o alcalde, Agustín Reguera, recibirá o Percebe de Ouro, unha insignia, que dende hai case un cuarto de século, outorga un grupo de empresarios galegos residentes en Barcelona, que se reúnen baixo o nome de Enxebre Xuntanza do Percebe e que cada ano recoñecen o labor daquelas persoas que traballan pola promoción da gastronomía e a cultura de Galicia. Este ano un dos galardoados foi o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, polo seu traballo na difusión desta festa gastronómica, que dende o 2001 é considerada como Festa de Interese Turístico Nacional.

 


 

Sociedade