ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Club Ciclista Barbanza, coa colaboración do Concello de Boiro, organiza o XXII Trofeo Ciclo – Cross Concello de Boiro, que se desenvolverá mañá domingo, día 6 de decembro, na localidade. A proba ciclista, para as categorías de cadetes, féminas, xuvenís, seniors, master 30, master 40 e veteranos, sub 23 e elite, terá lugar no pinar de Praia Xardín e conta xa con máis de 150 participantes inscritos.
A causa da proba, o Concello de Boiro informa que a Avenida de Compostela e a estrada de Praia Xardín, desde o bar Riazor ata a ponte do río Coroño, permanecerán pechadas ao tráfico desde as nove da mañá ata as dúas da tarde.