Máis de 2000 visitas ao Museo de Arte Sacra

Máis de 2000 visitas ao Museo de Arte Sacra

10 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O concello de Monforte establecerá unha nova vía de colaboración co museo de Arte Sacra das MM. Clarisas. A entidade municipal asumirá, a partir deste ano, o déficit anual que a xestión deste importante atractivo turístico da cidade poida acarrear á orde relixiosa que o mantén. O Concello, unha vez rematado o ano, farase cargo da diferencia económica existente entre a cantidade recadada en concepto de entradas vendidas para visitar o muse

O prezo de entrada ó museo é de catro euros por persoa, e a visita guiada ó mesmo ten unha duración máxima de 45 minutos.

No ano 2007 o museo de Arte Sacra rexistrou un total de 2.411 visitas, no 2008 o número de visitantes foi de 2.319, e ata o mes de setembro do ano en curso o número de visitantes ó Museo ascendeu a 1.655.

As visitas guiadas ó museo na tempada de inverno realízanse en dous turnos matinais e dous vespertinos, de luns a sábado, en horario de 11:00; 12:00; 16:00 e 17:00. Os domingos e festivos as quendas de visita son tres, ás 12:00, ás 16:00 e ás 17:00.

Durante a tempada de verán increméntase un turno máis polas tardes, ás 18:00, tanto de luns a sábado como os domingos e festivos.

O museo de Arte Sacra monfortino alberga unha das coleccións de pezas artísticas ligadas ó culto relixioso máis importante de España. Destacan, ademais dos relicarios italianos do século XVII e multitude de ornamentos relixiosos, dúas imaxes do escultor barroco Gregorio Fernández e outra atribuída a Juan de Mena. Tamén unha reprodución en miniatura da Piedade de Miguel Ángel, que se atribúe ó taller do artista italiano.

Sociedade