Máis de 300 traballos no Redondela en curto

Máis de 300 traballos no Redondela en curto

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Rematado o prazo de presentación de traballos, os organizadores do festival Redondela en Curto valoran moi positivamente o número de curtametraxes presentadas e esperan superar a cifra dos 300 traballos recibidos na anterior edición. O prazo de recepción de traballos estivo aberto ata o pasado domingo día 8 e, segundo explicou o director do certame, Fernando Carreira “Cuchi” están a espera de recibir as curtas que foron en

O certame desenvolverase dende o 26 de abril ata o 3 de maio e conta este ano como novidade principal coa inclusión de longametraxes dentro do programa. Potenciaránse ademais outras actividades paralelas como a exhibición de curtas en locais da vila e o cine no ensino, que pretende achegar o audiovisual ás escolas.

En breve coñecerase tamén quen foi o gañador do apartado “faino ti mesmo”, un concurso de guión que se convocou por primeira vez e que permitirá aos seleccionados contar co material audiovisual profesional e o acompañamento técnico necesario para rodar un audiovisual que deberá estar listo antes do inicio do festival, xa que o obxectivo é proxectalo durante a semana do certame.

Cultura