Máis de 4000 candidatos a delegados para a asamblea do BNG

Máis de 4000 candidatos a delegados para a asamblea do BNG

17 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O 10 de maio veráse o peso relativo de cada candidatura, segundo afirmou o candidato a portavoz nacional do BNG Carlos Aymerich. As listas de candidatos a delegados promovidas por Máis BNG xuntaron a arredor de 1.600 persoas, mentras que as Listas Abertas impulsadas desde o Encontro Irmandiño reuniron a uns 1000 militantes do Bloque. A Alternativa pola Unidade presenta a 2000 candidatos nas asambleas comarcais que mañá sábado celebra a formación naciona

Aymerich restoulle importancia a esas cifras sinalando que primeiro haberá que ver cantos deses candidatos se convirten en delegados, e logo comprobar o sentido final do seu voto na Asamblea Nacional Extraordinaria. “Alí serán os militantes os que digan que peso relativo terá cada candidatura” afirmou o portavoz parlamentario do Bloque.

Fontes do Encontro Irmandiño relativizaron tamén a importancia da cifra de candidatos de cada opción, sinalando que os números ainda son provisionais, dado que está en marcha o proceso de validación das listas.

 

O total dos candidatos podería rondar os 4.600. Entre eles as asambleas comarcais do BNG escollerán aos 2500 que finalmente asistirán á Asamblea do 10 de maio.


Sociedade