Máis de medio cento de peregrinos na segunda etapa Triacastela-Sarria

Máis de medio cento de peregrinos na segunda etapa Triacastela-Sarria

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

As Concellerías de Educación e Xuventude  e Medio Ambiente do Concello de Ordes en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1 poñían en marcha o pasado 10 de abril a iniciativa “Os Camiños de Santiago en Galicia”. Unha actividade a través da que se pretende facer unha peregrinación a Santiago percorrendo o Camiño Francés dende O Cebreiro en diferentes etapas. Concretamente

De cara ás datas e percorrido das etapas restantes serán as seguintes, terceira de Sarria  a Portomarín o 8 de maio, a cuarta de Portomarín a Palas de Rei o 15 de maio, a quinta de Palas de Rei a Arzúa o 22 de maio, a sexta de Arzúa a Arca o 29 de maio, e por último a séptima das etapas percorrerá 19 kilómetros do Camiño Francés dende Arca a Santiago de Compostela o 5 de xuño.

Dende a organización animan a veciños e veciñas a que participen nesta iniciativa que combina actividade física con natureza, á vez que fan unha das rutas do Camiño de Santiago en Ano Santo.Todos aqueles que estean interesados en participar poderán inscribirse e recibir máis información no Concello ou chamando ao teléfono 981 68 00 02.

Sociedade