Máis dun tercio do profesorado secunda a folga nos centros de Fene

Máis dun tercio do profesorado secunda a folga nos centros de Fene

27 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En Fene descendeu un pouco a participación no paro do profesorado. O 38 % dos mestres dos centros de ensino público de Fene secundou a folga nesta segunda convocatoria. Igual que pasou o dia 21, o centro do Ramo de Barallobre foi onde máis se notou o paro ao  asistir ao centro só tres mestres dun total de 14. Seguironlle en incidencia Os Casais de Maniños e Centieiras por esta orde. Na Xunqueira de San Valentín foi escaso o seguimento o mesmo que no iES d

En Santiago de Compostela, coincidindo coa xornada de folga no Ensino, partirá da Alameda ás 11,30 unha manifestación que rematará diante da Xunta de Galiza, en San Caetano. A folga do profesorado persigue a retirada de proposta de ampliación do horario lectivo e das funcións do profesorado e a defensa do ensino publico. Na anterior convocatoria o profesorado de Fene repondera nunha porcentaxe do 42%.

Recortes en Neda

As protestas sucédense en Neda pola supresión do transporte escolar para a realización de actividades extraescolares no Colexio Maciñeira. O concello comunicou a decisión á Anpa do centro onte mesmo. A supresión do trasporte que levaba anos funcionando supón, para os pais e nais, unha equivocación porque non se debe aforrar nalgo que vai en contra da educación dos nenos-as. A Anpa maniféstase indignada porque esta medida súmase ao recorte de profesorado practicado este curso no colexio Maciñeira e porque supón unha dura discriminación co alumnado do medio rural que non poderá en moitos casos asistir ás actividades na Casa da Cultura ou no pavillón, por non dispor de transporte. A Anpa convocou aos pais e nais, o xoves ás 17.00h para tratar a situación.

Sociedade