Máis madeira

Máis madeira
08 de Novembro, 2018 - 01:33 h. | Publicada por Radio Fene

Dez xoves iniciaron este mes o obradoiro de emprego Reinicia Cinco, traballos de carpintería e moble en Fene. Dez mozos comezaron esta formación teórico práctica na nave de San Marcos. A eles súmanse outros dez en atención socio-sanitaria. A actividade prolongaráse por espazo de nove meses.

Os vinte xoves reciben ademáis unha bolsa equivalente ao salario mínimo interprofisional. Ademáis da formación,  realizarán traballos prácticos de carpinteria en centros educativos e espazos urbanos de Fene. Tamén acudirán ao Mosteiro de Santa Catarina de Ares e á Escola Laica de Cabanas. Proceden o corenta por cento de Fene, o dezaoito por cento de Ares, quince por cento de Neda e oito por cento de Cabanas, segundo informa o concelleiro de Formación de Fene Juan José Franco. O edil, xunto co alcalde Gumersindo Galego, visitou este mediodia o obradoiro de Emprego na nave de San Marcos.

Obradoiro de carpintería e moble. Fene

Institucional

Publica o teu comentario agora