Máis planetas no Parque Castelao de Fene

Máis planetas no Parque Castelao de Fene

24 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene inaugura o venres 25 a segunda fase do Parque Castelao na que actuóu a Escola Obradoiro. O acto aprazóuse a causa das inclemencias do tempo hai unha semana  A nova zona do parque acolle un área de xogos infantís e un planeta da saúde. O proxecto custou 600.000 € e ven completar os planetas da "Galaxia Imaxinaria", nunha superficie de actuación de 5.000 metros cadrados.

O acto de inauguración será ás 12,30. Procederase ao descubrimento dunha placa e despois os asistentes realizarán un breve paseo para coñecer as nova zona verde do Concello.

Posteriormente, no salón de plenos, procederase á entrega de diplomas aos alumnos e alumnas da Escola Obradoiro. No acto intervirán: o Redactor do Proxecto da Segunda Fase do Parque Castelao, a Directora da Escola Obradoiro, Humbelina Gómez, o Director Xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoi, e pechará o Alcalde de Fene, Iván Puentes.

Sociedade