ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis viño na comarca do Eume e nas Mariñas de Betanzos que nas rias baixas ou no val do Ulla. Esa era a situación do século XVIII segundo nos indica Eva González, da oficina de turismo de Cabanas. En Cabanas, na parroquia de Irís hai un microclima que aínda permite hoxe o cultivo da vide.
Na igrexa parroquial de Santo Estebo de Irís atopamos un sepulcro do século XVI. A tumba de Frei Odemio das Mariñas, posiblemente un prior monacal de Caaveiro, da familia dos Andrade. O templo pódese visitar os domingos ás 11 da mañá. Unha boa proposta consiste na visita á igrexa e na posterior entrada nas fragas do Eume. As persoas con máis forma física poden chegar ata o mosteiro de Caaveiro.
Publica o teu comentario agora