Máis votos e menos poder

O sociólogo ferrolán, Xosé Leira, afirma que o PP non gobernará en ningunha das sete cidades, nen en tres Deputacións
27 de Maio, 2019 - 01:09 h. | Publicada por Radio Fene

En Galicia o Partido Popular é a lista que logra máis votos pero perde moito poder, en palabras do sociólogo ferrolán, Xosé Leira.

ESCOITA O PODCAST:

Abel Caballero gañou en Vigo coas súas luces e coas súas sombras, afirma con ironia o sociólogo e profesor da Universidade da Coruña, Xosé Leira. En Galicia o Partido Popular é a lista que logra máis votos pero perde moito poder. Non gobernará en ningunha das sete cidades, nen en tres Deputacións. Encontrouse cun PSOE que avanza moito, e cun BNG que se recupera ao tempo que baixan as Mareas. Para o sociólogo ferrolán Xosé Leira, Alberto Núñez Feijoo está máis centrado que a dirección do Partido Popular en Madrid. Logra parar a Vox e a Ciudadanos e resiste por unha implantación moi extendida en toda a comunidade. Xosé Leira afirma que hoxe Galicia é máis socialdemocrata, de esquerdas e nacionalista que a semana pasada.

Comarca de Ferrolterra

A suma da esquerda gaña en Ferrol. É un dos titulares que deixou a xornada electoral na comarca. O PSOE de Angel Mato (8 edís) gobernará a cidade si se repite o pacto de esquerdas que lle dera a alcaldía a Jorge Suárez. O PP de Rey Varela queda ás portas da alcaldía por un edil. TEGA repetirá en Narón o goberno de coalición. Julio Iglesias gobernará Ares en solitario. Valentín Glez nas Pontes sae reforzado. O PSOE acada a maioría absoluta en Neda e Pontedeume. O PP perde Cabanas e EU podería repetir alcaldía en Mugardos co apoio do PSOE. En San Sadurniño Secundino García encadea a súa terceira maioría absoluta. (Na imaxe, o reconto na escola de Magalofes-Fene)

Sociedade

Publica o teu comentario agora