Máscaras artesanais

Máscaras artesanais
27 de Marzo, 2020 - 03:18 h. | Publicada por Radio Fene

A solidaridade move á xente a axudar na pandemia. Unha veciña de Fene, Pilar Freijomil, confecciona mascarillas contra o contaxio.

ESCOITA O PODCAST:

Unha veciña de San Valentín entregou esta mañá dezaoito mascarillas de tela elaboradas no seu domicilio e preparadas para introducirlle filtros. Pilar Freijomil indicou a súa disposición para continuar elaborando mascarillas reutilizabeis. Pódense lavar e volver utilizar. Confeccionanse con tea non tecida, procedente dos manteis utilizados no seu dia nos Encontros de Palilleiras que todos os anos se celebran no pavillón A Xunqueira de San Valentín. Freijomil foi presidenta do Centro de Promoción Social do barrio e conservaba ese material para a súa reciclase. Máis persoas puxeronse o contacto co Concello de Fene para comunicar a súa disposición a elaborar máis mascarillas. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora