As máscaras de carne de Alberto Valle en Fene

As máscaras de carne de Alberto Valle en Fene

04 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ciber de Mao, da Avenida do Concello de Fene, inaugura o venres 5 de abril ás 19:30 a exposición de pintura  “Masks of Flesh” do artista coruñés, Alberto Valle.

Masks of Flesh é pintura pero o autor síntese cómodo noutras disciplinas como a fotografía ou o debuxo. Alberto Valle falounos, nunha entrevista concedida a Radio Fene, da orixe da exposición que veremos en Fene dende mañá. A mostra "Maskd of Flesh" permanecerá exposta no Ciber de Mao durante todo o mes de Abril. O artista coruñés non pretende nada máis que o espectador tire as suas propias conclusións. Recoñece as influencias neste traballo do Expresionismo alemán de principios do século XX e do Expresionismo americano.

Experiencia profesional de Alberto Valle Souto:

1996/2005- Escenógrafo, Tramoyista e Utillero para diversos teatros nacionais ( Maria guerrero, La zarzuela, Teatro
real...) e privados (Teatro Coliseum, Teatro nuevo Alcalá, ...)

2006/2012- Fotógrafo para diversos museos da Xunta (Museo Massó, Mupega, Cgac..) en catalogación e reportaxes
fotográficos de exposicións, como diversas publicacións de paisaxee escenografía.

1993/2012- Fotógrafo e pintor plástico: Seleccionado en diversas feiras de arte xove. Exposicións individuali e colectivas en diferentes centros de arte e galerías da comunidade de Madrid, Castilla la Mancha, Extremadura e Galicia.

Sociedade