Médicos do Mundo en Sierra Leona contra o ébola

Médicos do Mundo en Sierra Leona contra o ébola

28 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Médicos do Mundo-España xestionará, a partir do próximo mes de decembro, un centro de tratamento contra o ébola en Moyamba, no centro de Serra Leona, ao leste da capital, que non dispón até o
momento dun recurso asistencial destas características e onde se rexistraron máis de 150 casos da enfermidade. O centro, que será co-dirixido con Doctors of the World-UK en partenariado co Ministerio de Sanidade de Serra Leona, contar&aacu

Disporá, a máximo rendemento, de 100 camas de hospitalización, xunto con actividades extra hospitalarias de xestión da epidemia asumidas por Acción contra a fame e World Vision. Só a coordinación de diversos actores, ONG e gobernos, fai posible a existencia de centros como este.

O proxecto está liderado por Chris Bulstrode, profesor emérito da Universidade de Oxford e por John Wright, epidemiólogo e director do Bradford Institute for Health Research. Un primeiro equipo de persoal británico e español saíu xa para Sierra Leona “É incrible comprobar como o que hai só un mes era un campo embarrado será pronto un centro de loita contra o ébola a pleno funcionamento, cunha estrutura sólida e excepcionais estándares de seguridade", afirma Gareth Walker, director de Operacións

Internacionais de Doctors of the World UK. A construción das instalacións correu a cargo de equipos de enxeñeiría do exército británico (British Army Royal Engineers). "Agora o máis urxente é a selección de persoal humanitario cualificado. O nivel de contratacións posiblemente alcance os 80 profesionais sanitarios ao mes, pero tamén necesitamos logistas e persoal de administración. En total, unhas 400 persoas traballarán no centro cada mes", engadiu José Félix Hoyo, coordinador do proxecto e responsable de Operacións Internacionais de Médicos do Mundo España.

O persoal que se incorpore contará con cinco días de formación no Reino Unido antes de voar a Sierra Leona, onde asistirán a tres días máis de preparación. A continuación, desenvolverán a súa función durante un máximo de catro semanas no centro.  Previamente a esta intervención, Médicos do Mundo-España traballou -e continuará facéndoo- en Koinadugu, distrito do norte do país, no que se habilitou un centro de illamento para casos sospeitosos de ébola, ademais de realizar un intenso labor de prevención e sensibilización localidade por localidade, o que contribuíu a que este fose o último distrito de Sierra Leona en contabilizar persoas afectadas pola enfermidade.

Actualmente Sierra Leona dispón de menos de 400 camas de tratamento para esta enfermidade. Necesítanse case 800 mais e dispomos dun tempo limitado para ter éxito na intervención, polo que se están construíndo por todo o país outros recursos similares. Actualmente, Serra Leona é o país con maior incidencia de novos casos do tres países máis afectados.

Sociedade