A música é compartir

Laura Vizoso -Layla- fálanos de música e do mar
18 de Novembro, 2020 - 11:48 h. | Publicada por Radio Fene

O primeiro videoclip da ferrolana Laura Vizoso Layla "Naufragio" podese ver e escoitar en spotify. Elaborouse e publicouse grazas ao crowdfunding.

ESCOITA O PODCAST:
Layla actuando en directo

A súa nai púxose de parto no medio do mar. Criouse na Frouxeira en Valdoviño. Así que o mar e Laura Vizoso teñen unha conexión inevitable. Quizás por iso “Naufragio” foi o primeiro tema musical creado por ela cando tiña 13 anos. Se o mar é a primeira casa de Layla, a música é a segunda. Medrou nun entorno marcado pola música que escoitaban seus pais e a que tocaban e cantaban. O seu irmán tamén é musico. Con 12 anos xa actuaba con el. “Non gosto de ídolos ou fans pero hai músicos que me inspiran” e cita ao seu irmán Guillermo Vizoso, á súa cuñada Olaia ou a Andrés Suárez, os que ten mais preto.

Recoñece que o camiño non foi fácil ata chegar a un proxecto serio como foi a gravación do videoclip “Naufragio” nas Rías Baixas. Foi posible grazas ao apoio de Margarita Moreno e de reunir en vinte dias o presuposto necesario a través do crowdfunding. A traxectoria de Layla, as actuacións en solitario, empezaron en Ferrol e despois en Santiago. Probou o dúo e actuou en Sevilla, Granada ou Madrid. “Quédome con eses sitios nos que puiden tocar e coa xente que coñecín polo camiño” declara Laura Vizoso quen recoñece que sen equipo non vas a ningures. “Non entendo a música como competición. A música é compartir” afirma. O ano pasado en Málaga non paraba pero este ano tan difícil, Laura ten aparcada a música.

Cultura

Publica o teu comentario agora