ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A banda sonora do filme “Agallas”, que ten como principais protagonistas aos actores Carmelo Gómez e Hugo Silva, conta cun tema do Dj vilalbés Marcos Peón e do friolés Arturo Vaquero, que forman xuntos a banda Dummie Project.
O sencillo “Baila mi música”, no que participa tamén a vocalista coruñesa Lis, da ambientación sonora a unha das secuencias da película, ademais de aparecer no CD de “Agallas”.
Marcos Peón é o Dj da discoteca Troco de Vilalba, que é un dos espazos mais visitados nas noites e madrugadas dos fins de semana da Terra Chá e da provincia de Lugo. Peón leva mais de 12 anos recorrendo as cabinas dos mellores clubs do noroeste español e compartindo pratos con dj´s de prestixio nacional e internacional.
Pola súa banda, Arturo Vaquero é un nome de referencia dentro da música e da produción da nosa comunidade. Actualmente rexenta os Estudos Abrigueiro en Friol, onde emprega o seu oído e a súa experiencia na procura de novos talentos da composición melódica galega.
Entre ambos forman, desde 2008, o Dummie Project, banda de house que editou este primeiro single no selo Disex Productions, que é unha das compañías mais afamadas da música electrónica española.