A música libérase de canons coas licenzas libres

A música libérase de canons coas licenzas libres

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O debate sobre os dereitos de autor está enriba da mesa. Case a diario chegan aos medios de informacion denuncias sobre as prácticas da SGAE que moitos consideran abusivas. Por iso é importante saber que non todos os artistas forman parte da Sociedad General de Autores de España, que algúns deciden apostar polas licenzas creative commons, que permiten ao creador decidir sobre as condicións da distribución da súa obra. Así pois, un establecemento

A Casa de Música xurdiu como unha plataforma para suministrar información técnica aos músicos. Así poden facer as gravacións nas súas propias casas, encargándose logo esta asociación da postproducción e edición. Como músicos independentes fanno a través das licenzas libres como as creative commons. Estas licenzas son útiles tanto para un establecemento como para un particular. Deste xeito calquera local poderá ter unha serie de contidos musicais sen pagar a cuota mensual da SGAE. Establecementos aliados a esta plataforma nun proxecto conxunto con músicos independentes para espallar e dar a coñecer as súas criacións.

Os dous impulsores deste proxecto amósanse contrarios a algúns métodos da SGAE e coas súas  licenzas os músicos conservan os dereitos das cancións sin suxeitarse a ningún método de xestión dos dereitos. Unha oportunidade aberta a calquera e que pode asesorase e informarse na Casa de Música.

Non se trata dun proxecto pioneiro xa que nalgúns pobos de Castela os intérpretes se declaran libres da SGAE. Alvarellos e Riera sinalan que non se trata de ningún negocio. Só se paga simbólicamente 20 euros aos afiliados “que non cubren os gastos de xestión de cada un”.

Sociedade