ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ordes segue a celebrar as actividades enmarcadas na programación de Nadal, e será o próximo día 2 de xaneiro, no que o protagonismo recaerá na música. Un ano máis Ordes celebrará o seu tradicional Certame de Corais con motivo do Nadal, organizado pola Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos en colaboración co Concello.
O concerto terá lugar o domingo día 2 de xaneiro na Igrexa Parroquial de Santa María de Ordes a partir das 20:30 horas. As agrupacións participantes serán a coral Aires de Carral, a Coral de Trazo, a Coral Hermano Gómez de Santiago, o Grupo de Música Tradicional de Ordes, e a anfitriona, a Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos.
Desde o Concello animan a todos os veciños e veciñas do municipio, así como a visitantes a que acudan a este certame no que as panxoliñas e música típica desta época do ano, serán as protagonistas.