Música para o San Valentín

Música para o San Valentín
15 de Febreiro, 2020 - 09:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro de Promoción Social e o Bar O Centro de San Valentín organizan este sabado toda unha xornada de música para celebrar o patrón. A sesión vermut estará amenizada polo grupo Ponte ao Regho, ás 13,30 horas. Pola noite actúa en acústico, Alabama, grupo de pop-rock con versións dos 80-90 que soarán desde as dez da noite no Bar Centro.

Festa no CPS de San Valentín. Setembro 2019

O Centro de Promoción Social de San Valentín naceu en novembro de 1977 desenvolvendo actividades deportivas e culturais, pero asumindo tamén reivindicacións veciñais nesta barriada creada por unha cooperativa de traballadores de Astano. Dende aquela organizou numerosos eventos e actividades estabeis. Posue un local en propiedade que alberga cafetería, salón de actos, axencia de lectura e outras dependencias.

Sociedade

Publica o teu comentario agora