A música sen fronteiras de Kepa Junquera

A música sen fronteiras de Kepa Junquera

19 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

"Galiza", o novo traballo discográfico de Kepa Junquera, publícase este martes 19 de novembro. Colaboran máis de 20 artistas e agrupacións da nosa terra. Junquera, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego Fol Música o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual es

En “Galiza” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical Galiza-Euskalherria tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de Kepa Junquera. “Galiza” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.

O músico vasco precisamente foi galardoado este luns co premio nacional de folclore Martínez Forner, "por revolucionar cos seus traballos o mundo da trikitixa e a música tradicional". Segundo o xurado, o tratamento das improvisacións ou as diferentes fusións de estilos enriqueceron o panorama musical vasco e, a partir de traballos enraizados na tradición, creou "unha música sen fronteiras, mesturada cos aromas, ritmos e cores doutros lugares e outras culturas, aberta ao mundo sen complexos, con respecto e sobre todo coa ilusión e a curiosidade de todo aquel que ama o que fai,".

Cultura