Mañá continúan as V Xornadas Interxeracionais Rurais de Xermade

Mañá continúan as V Xornadas Interxeracionais Rurais de Xermade

05 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Mañá sábado terá lugar o segundo día das V xornadas Interxeracionais Rurais de Xermade, tras a súa inauguración, que tivo lugar o pasado 30 de maio. O programa abarcará temas diversos, como a saúde da muller, a cultura popular a través das lendas chairegas ou o dereito sucesorio. A actividade rematará cunha obra de teatro a partir das 20.00 horas.

As 10.00 da mañá foi a hora escollida para dar comezo a estas xornadas co relatorio “A saúde da muller a partir da menopausia”, a cargo do xinecólogo Arturo Núñez. Dúas horas despois, o escritor Antonio Reigosa falará sobre as lendas e os mitos populares na Terra Chá. Xa pola tarde será a quenda da conferencia “Dereitos de sucesión e Banco de Terras”, da que se encargará o notario Jesús Basanta. Contra as 18.00 horas será o momento da presentación do libro “Roteiros pola Terra Chá”, escrito por María Otilia Maceira Rodríguez e por Elba Fernández González. A xornada pecharase coa representación dunha obra entre as 20.00 horas e as 21.30.

Sociedade