Mañá xa gañarei o que perdín hoxe

Mañá xa gañarei o que perdín hoxe
08 de Abril, 2020 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

A prohibición da publicidade do xogo online podería ser un primeiro paso para meter o dente á ludopatía, un problema que destroza a vida das vítimas. Servirá o Covid19 para amortiguar o problema?

ESCOITA O PODCAST:

Será un precedente do Real Decreto sobre o xogo en España. Consumo ven de prohibir a publicidade do xogo online á vista do incremento producido a causa do confinamento da poboación durante a alarma sanitaria. O psicólogo José Barcia explica que ese aumento débese a que vivimos unha limitación da nosa liberdade. Esa limitación sempre acrecenta, acentúa os rasgos e comportamentos humanos. Pon un exemplo, os programas como Gran Hermano no que a xente está confinada nunha casa sen poder saír. As condutas esaxéranse, agrándanse. O mesmo ocorre coa xente depresiva, violenta… En España xa había un problema co xogo antes do Covid19, asegura Barcia. As organizacións que loitan contra a ludopatía xa denunciaban desde hai tempo a situación. Un problema que, segundo José Barcia, afecta a todas as idades e sexos. Nas comecartos xogan todos e nas apostas online os máis xoves.Como en calquera outro trastorno aditivo a vítima so vive para iso, para o xogo, desatendendo todo o demais, familia, amigos, traballo…Menten, acaban endebedándose e, aínda que o intentan, non poden deixalo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora