Maceda celebra o magosto cun “Pipotazo”

Maceda celebra o magosto cun “Pipotazo”

30 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Un ano máis Maceda celebra o seu magosto alternativo, organizado pola Asociación Xuvenil O Pipote. Como coincide en datas co Castañazo Rock de Chantada, o colectivo decidiu mudar de nome e o que antes coñeciamos como Castañazo de Maceda, convértese nesta terceira edición no Festival Magosto O Pipotazo. O evento arrincará ás cinco desta tarde con diferentes xogos populares par

O entorno do Bosque do Castelo serve de escenario a O Pipotazo. Ás cinco da tarde celebrarase o 2º aberto de billarda e, posteriormente, o 2º Campionato de bolos celas de Soutipedre. Tamén haberá carreira de porco bravo, unha novidade desta edición, e de sacos.

Ás oito da tarde celebrarase o magosto popular con cea incluída a base de callos, empanada, chourizos, bica, pan e viño, todo por seis euros.

Desde a organización apuntan que a chuvia non será un problema xa que este ano colocaron unha carpa xigante. Ademais, quen queira quedar a durmir pode facelo no Pavillón de Deportes, habilitado para este fin.

Cultura