As maceiras conversan na solaina do pazo

As maceiras conversan na solaina do pazo
18 de Abril, 2020 - 10:57 h. | Publicada por Radio Oleiros

As maceiras xa botan flor, síntoma inequívoco da chegada da primavera. Conversan na solaina do pazo, como dicía Álvaro Cunqueiro. Detémonos na mazá "raíña de reinetas", árbore de bo vigor e de moi boa fertilidade. O froito é mediano e a súa epiderme amarela estriada en vermello. A polpa é branca, azucrada e suavemente perfumada. É froita de gran calidade.

Mazás en flor

Os meses de abril e maio son interesantes para o fertilizado, de capital importancia para as froiteiras. O esterco debe ser "feito", ben fermentado. Débese repartir de xeito uniforme na coroa de rega, e coa axuda dun sacho, procurar que se mesture coa terra superficial da coroa (con moito coidado, para non afectar ao tronco e ás raíces) dando unha boa rega a continuación. O esterco aporta materia orgánica ao solo, segundo nos indica Juan Luis Camacho  no libro "Árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo" (Baía edicións. A Coruña. 2000)

Cultura

Publica o teu comentario agora