Macrofesta do motor en Maniños o 1º de maio

Macrofesta do motor en Maniños o 1º de maio

28 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O terceiro rallie sprint de carretillas, o terceiro campionato do mundo de cambio de rodas, o segundo campionato galego de trompos. Todas esas orixinais competicións desenvolveranse o vindeiro venres 1 de maio no transcurso da Cuarta Macrofesta Scratch Fene e da Segunda Festa da Salchicha e a Cervexa.

A Escudería Scratch Fene traballa a todo gas na preparación da Festa do Motor que un ano máis se celebrará nas instalacións da Sociedade O Pote de Maniños. No campo da festa abriránse ás 11 da mañá do venres exposicións de coches de carreiras das diversas modalidades, coches clásicos, motos clásicas, carreiras de radio control e probas de rallye virtual nun gran simulador. O ano pasado no ralliesprint de carretillas participaron máis de 30 equipos e este ano queren superar a marca. Os organizadores afirman que haberá sorteos de agasallos ao longo de toda a xornada do venres en Maniños.

Deportes