Made In Fene

Made In Fene

14 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene dende a Área de Servizos sociais, igualdade e educación, leva a cabo  o programa de peques a maiores: compartindo espazos, no que se enmarca o programa de ocio xuvenil IN FENE subvencionado pola Deputación da Coruña.
IN FENE é un programa alternativo para cubrir algunhas tardes dun xeito divertido e grupal. Esta destinado para todos aqueles rapaces e rapazas entre 12 e 14 anos.

O venres 14  de xuño na Asociación de Veciños de Perlio se realizaran diversa actividades. Horario: De  17:30 a 19:30 h.

O venres 21 de xuño celebrarán a sesión de despedida por este curso. 

Sociedade