Magalofes celebra as Letras Galegas

Magalofes celebra as Letras Galegas

08 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Veciñal de Magalofes comeza este venres coa celebración das Letras Galegas. Actuará a rondalla Estrelecer de Fene e logo haberá unha recuperación gastronómica con bolas da sartén. Para o sábado dezaseis de maio gran churrascada e os divertidos monólogos de Touriñán. O dezasete de maio pechará os actos a coral do Centro de Promoción Social de San Valentín. Nesa fin de semana expoñer&aa

En Magalofes tamén preparan o Mercamagalofes para o trece de xuño, o III Rompepernas Magalofes para o vinteun de xuño e andainas de Monfero a Caaveiro (seis de xuño) e de Magalofes a Rio Castro en Limodre (vinte de xuño).

Sociedade