Magalofes celebra o patrón

Magalofes celebra o patrón

13 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Magalofes (Fene) celebra esta semana as súas festas patronais, o venres 17 e o sabado 18 de abril. Unha liscada con chourizos abrirá o venres as festas do patrón, San Xurxo.

Primeiro ían ser mexillóns pero non valen para comer neste momento, así que houbo que optar pola carne “nunca peor” que diría o outro. O presidente, Manuel Pico, explicou que ante as recomendacións do suministrador, decidiron cambiar de manú popular.

A culpa foi de Lolo e o DJ Josy Da Graver arrufarán a primeira velada. A orquestra Aché e No estamos locos, tocarán en Magalofes o sábado dezaoito, nunhas festas tradicionalmente organizadas pola Asociación Veciñal. Unha das novas directivas, Rebeca García, convidaba esta mañá a todolos feneses a disfrutar das festas de Magalofes, tendo en conta que vai ir bo tempo.                

Sociedade