Magalofes festexa o San Xurxo

Magalofes festexa o San Xurxo

20 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A parroquia fenesa de Magalofes celebra ininterrumpidamente as suas festas patronais en honor ao San Xurxo dende hai moitísomos anos. Aínda que chova o santo nunca queda sen festas, que organiza a AVV de Magalofes. madeira e Capitol porán a música. Unha carpa acobillará á veciñanza.

As festas patronais en honor a San Xurxo, desenvólvense o sabado e domingo na parroquia de Magalofes en Fene. O grupo de gaitas Airiños do Frade abrirán a mañán antes da misa solemne da 1.  O grupo "Bolboretas" de Barallobre actuará ao remate da función relixiosa. As pezas do mediodía o sabado correrán a cargo da orquestra Madeira que comparte escenario pola noite coa Capitol.  Madeira repetirá nas pezas do mediodía do domingo, despois da misa cantada, ás 12,30, pola Coral do CPS de San Valentín.

Sociedade