As magas Tina Lenert, Roxanne e Jessica protagonizan o Compostela Máxica 09

As magas Tina Lenert, Roxanne e Jessica protagonizan o Compostela Máxica 09

17 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Galicia convértese un ano máis en centro mundial da maxia grazas á celebración da III Semana Internacional do Ilusionismo, o Compostela Máxica 09. A cita dará comezo este domingo 19 e prolongarase ata o sábado 25 de abril. Pola capital galega pasarán os mellores magos estatais e internacionais como o norteamericano Mike Caveney, Junge Junge (Alemaña), Ma

A III Semana Internacional do Ilusionismo botará a andar ás oito e media da tarde do domingo no Teatro Principal, cunha gala inaugural conducida polo coñecido e televisivo mago Jorge Blass, quen ofrecerá o seu número A arte da maxia.

A partir desta data e ata o sábado 25 a maxia encherá rúas, prazas e centros culturais da cidade. Todas as mañás, no Teatro Principal, celebraranse sesións escolares que teñen a función de amosar aos máis pequenos as distintas disciplinas que compoñen a arte do ilusionismo. O Mago Cali, Jessica, Luis Manuel, e Myster Yurgen serán os encargados de enfeitizar coa súa maxia aos nenos e nenas de Compostela.

Xa polas tardes, prestixiosos ilusionistas especializados na maxia de rúa visitarán diferentes prazas da cidade, convertendo Compostela nun escenario privilexiado da maxia internacional. O Mago Norberto, Kayto, Mark Mitton e Peter Wardell ofrecerán diversos espectáculos na praza Roxa, as Praterías e o Toural.

Cada noite, cara as oito e media da tarde, terá lugar unha gala familiar no Teatro Principal, no que os mellores magos galegos ofrecerán cadanseu espectáculo dirixido a toda a familia. Dani García, Martín Carmiña, o Mago Marttyn e o Mago Teto serán os protagonistas destas funcións. A oferta de Compostela Máxica 09 complétase coa maxia nocturna no Dado-Dadá, cos espectáculos nos centros hospitalarios, ou co Magomóbil, un punto de encontro coa cidadanía no que se poderá obter información do certame e no que haberá un mago de garda: Martín Carmiña.

Xa para rematar, o venres e sábado, 24 e 25 de abril, no Auditorio de Galicia terá lugar a Gala Internacional de Compostela Máxica, na que se darán cita as maiores figuras da maxia internacional e no que as mulleres magas terán especial protagonismo, coa intervención da venezolana Tina Lenert e da alemá Roxanne. A gala, que vai ser conducida polo mago Luis de Matos, complétase coas actuacións do norteamericano Mike Caveney, Junge Junge (Alemaña), Mark Kalin & Junger (USA) e o galego Román García.

Sociedade