Maior e mellor accesibilidade

Maior e mellor accesibilidade
22 de Novembro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha capa de aglomerado recibirá San Valentín desde este luns. Con ese motivo boa parte das rúas deste barrio de Fene permanecerán pechadas ao tráfico dende ás oito da mañá do luns ata as oito da tarde do mércores. Despois dese dia procederase ao pintado das zonas de aparcamento de vehículos e pasos de peóns. 

Búscase eliminar barreiras arquitectónicas en San Valentín

A actuación intenta mellorar a accesibilidade e eliminar barreiras arquitectónicas, permitindo circuítos accesíbeis para as persoas, segundo a concelleira de Obras e Servizos de Fene Mar Piñeiro. A edil solicitou a colaboración cidadán e pediu desculpas polas molestias que se puidera ocasionar. O Concello de Fene tamén proxecta habilitar unha senda peonil no camiño de Lubián, dado que se trata dun vial moi transitado por peóns e se busca maior seguridade e evitar accidentes. O ente municipal finalizou o acondicionamento dun tramo do camiño inglés a Santiago de Compostela ao seu paso por Mundín. Instalouse mobiliario urbano, unha fonte, bancos para o descanso nun lugar con encanto, apuntou Mar Piñeiro. 

Institucional

Publica o teu comentario agora